O terceiro día da urticaria terá lugar de novo o 1 de outubro. Este ano o seu slogan é sobre "Non renderse xamais". A urticaria é unha enfermidade que, salvo poucas excepcións, desaparece nalgún momento da vida, sen embargo, permanecer forte e non renderse é un gran desafío. En moitos casos, aos doentes lévalles meses e incluso anos atopar a causa ou dar cun tratamento efectivo. O día da urticaria ten como obxectivo animar aos pacientes con urticaria a non renderse durante estes duros momentos e a tomar o control das súas vidas de novo coa axuda de outros doentes e de médicos. Anima a outros! Escribe sobre cómo te arranxaches para non renderte pese aos contratempos e comparte a túa experiencia con todos os afectados no día da urticaria. Informa de cómo e ónde atopaches axuda para que outros enfermos teñan a oportunidade de recibir axuda temperá e evitar que se rendan demasiado cedo. Tamén podes compartir a puntuación da actividade da túa urticaria xunto cun relato da túa propia experiencia. A puntuación da actividade da urticaria (UAS) é unha puntuación que mostra a severidade actual da túa enfermidade. Calcúlase en función da cantidade de ronchas e da intensidade do proído que se documenta nun calendario de urticaria semanal. O obxectivo de cada tratamento é manter a UAS o mais baixa posible, onde cero é a puntuación ideal. Este calendario está a túa disposición como documento adxunto para descargar e tamén na versión en liña, onde poderás calcular a túa puntuación e así compartila xunto co relato da túa propia experiencia. Ademais, o día da urticaria é unha gran oportunidade para fomentar a sensibilidade sobre esta doenza entre pacientes e as súas familias, médicos, políticos, prensa e o mundo enteiro. Amplía a túa propia rede a través da comunidade mundial de urticaria e recibirás apoio e axuda sempre que o necesites. Recorda que NON ESTÁS SÓ COA TÚA URTICARIA, aínda que ás veces te sintas deste xeito. Quen somos nós? Nós somos todos! Doentes, médicos, organizacións, ti e máis eu. Cada persoa que participe no día da urticaria 2016 formará parte da rede da urticaria. Axúdanos a axudarche a ti e a outros pacientes a manter a enfermidade baixo control falándolle a todos do día da urticaria. Podes empregar os distintos tipos de redes sociais para intercambiar información sobe o día da urticaria, o 1 de outubro de 2016. Por exemplo, vía Twitter ou Facebook cun "me gusta” ou compartindo as túas experiencias e a túa puntuación da actividade da urticaria. Inspira a outras persoas e crea o teu propio evento! ¿Por qué non organizar unha festa ou crear un grupo de auto-axuda? Ou quizais poidas animar ao teu médico para que organice un curso de formación no hospital. Publica as túas fotos e eventos aquí para asegurar a túa contribución co día da urticaria 2016.
O día da urticaria 2016 está patrocinado por GA²LEN e inspirado por Unev, a Rede de Urticaria e.V., o daab e.v e moitas outras organizacións en todo o mundo que se esforzan por mellorar as condicións e tratamentos para pacientes con alerxia e urticaria.